Dexter, John
Actor e director inglés. Formouse na English Stage Company e no Royal Court Theatre, onde adquiriu relevancia a partir das súas escenificacións de textos de Arnold Wesker como The Kitchen (A cociña, 1959) ou The Old Ones (Os vellos, 1972), onde a expresión xestual e o movemento dos actores adquiren especial importancia. Entre 1963 e 1966 foi director asociado do National Theatre de Londres, invitado por Laurence Olivier, onde dirixiu un Othello, co propio Olivier no papel protagonista. Nesa época iniciou a súa colaboración co dramaturgo Peter Shaffer, co que realizou os espectáculos The Royal Hunt of The Sun (A gran caza do Sol, 1964), sobre a destrución do Imperio Inca, Equus (1973) ou Amadeus (1979). Entre 1974 e 1981 traballou en Broadway, ao tempo que se ocupaba de dirixir a produción da Metropolitan Opera House de Nova York. En 1989 presentou no West End londinense un dos seus últimos traballos, Madame Butterfly, a partir do texto de David H. Hwang.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Derby -
Deceso
Lugar : Londres