dextrina

dextrina

(

s f [BIOQ]

Polisacárido intermedio resultante da hidrólise do amidón a maltosa polo enzima amilasa. As dextrinas son substancias sólidas solubles en auga e insolubles en alcohol e éter, de cor tostada e amorfas. As súas disolucións son dextroxiras. Obtense na industria quentando o amidón con ácidos diluídos, e ten diversos usos como espesante, adhesivo ou substituto da lactosa.

Palabras veciñas

dextralidade | dextrán | dextrímano -na | dextrina | dextrinación | dextrinar | dextro-