Di Stéfano Laulhe, Alfredo
Futbolista. Alcumado La Saeta Rubia, en 1945 debutou co River Plate. En 1947 gañou o campionato arxentino e coa selección nacional a Copa América. Marchou a Colombia, onde co Millonarios de Bogotá sumou 4 títulos de Liga (1949, 1951, 1952 e 1953). Xogou catro partidos coa selección colombiana. En 1953 fichou polo Real Madrid, co que conquistou as cinco primeiras edicións da Copa de Europa (1956-1960), a primeira Copa Intercontinental (1960), dúas veces a Copa Latina (1955 e 1957), oito títulos de Liga (1954, 1955, 1957, 1958, 1959, 1961, 1963 e 1964) e unha Copa (1962). En 1957 e 1959 recibiu o Balón de Ouro ao mellor futbolista europeo. Foi cinco veces máximo goleador da liga española, dúas da colombiana e unha da arxentina. Rematou a súa carreira no Español de Barcelona (1964-1966). Nacionalizado en 1956, formou parte da selección española en 31 partidos. Debutou como adestrador no Elche CF (1967-1968). En 1970 proclamou o Boca Juniors campión arxentino. Gañou a Liga española no Valencia CF (1970-1971), co que obtivo ademais a Copa (1979) e a Recopa de Europa (1980). Tamén conquistou o título arxentino co River Plate (1981). Dirixiu de xeito interino o Real Madrid nas tempadas 1982-1983 e 1990-1991. En 1991 gañou a votación ao mellor futbolista europeo da historia (Super-Balón de Ouro). A FIFA incluíuno en 1998 no International Hall of Fame. Recibiu a Gran Cruz de la Real Orden del Mérito Deportivo e foi nomeado presidente de honor do Real Madrid CF (5.11.2000).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Bos Aires