Día, El
Día, El
Publicación aparecida o 1 de febreiro de 1933 na Coruña e que cesou aos poucos números. De tendencia liberal-conservadora, tentou substituír a El Orzán, periódico de características moi semellantes e co que compartiu algúns redactores, pero as dificultades económicas impediron que progresase. Colaborou en ambos Sebastián Naya.