Diálogos del Valle Miñor y Bajo Miño

Diálogos del Valle Miñor y Bajo Miño

Publicación de periodicidade mensual que apareceu en xullo de 1988 na comarca do Val Miñor. Dirixida por Juan Miguel López Medina, contaba coa colaboración de Emilio A. Freiria, Víctor Iglesias Viqueira, Xoán do Tamuxe, Francisco González Martínez e Héctor Barreiro Troncoso, cronista oficial de Baiona. Incluíu información da comarca dirixida aos habitantes dos distintos concellos e á emigración galega no exterior. Dividiuse nas seccións: “Nigrán”, “Gondomar”, “Bayona”, “Tomiño”, “La Guardia”, “El Rosal”, “Humor”, “El Caminante”, “Historia del Valle”, “Cultura”, “Opiniones”, “Mujer”, “Pasatiempos” e “Deportes”. Na contraportada, titulada “Se ve, se oye, se comenta...”, inseriu novas de carácter breve.