Diario de La Coruña

Diario de La Coruña

Publicación editada na Coruña a partir do 15 de maio de 1857 e subtitulada “Periódico literario, científico e industrial”. Cesou probablemente en xullo de 1857. Dirixido por Alonso Rey, Francisco Mª de la Iglesia, Benito Vicetto, Manuel Murguía, Xosé López de la Vega, Xosé Mª Montes e Froilán de Salazar, imprimíase nos obradoiros tipográficos de Castor Míguez ou nos talleres do Hospicio. No seu equipo de redacción figuraban, entre outros, Antonio de la Iglesia, Ramón Buch, Domingo Camino, Federico Alejos Pita e Mateo Garza. Incluíu noticias nacionais e do estranxeiro, unha sección comercial, novas do porto e información de carácter social. Tentaba ser unha publicación exclusivamente informativa, á marxe de posicionamentos ideolóxicos ou políticos. Inseríronse algúns poemas en galego de Francisco e Antonio Mª de la Iglesia e un “Cantar abdicado ao meu amigo Vicetto”, de Antonio de San Martín.