Diario de Lugo

Diario de Lugo

Publicación de tendencia liberal editada a partir de 1872 en Lugo e subtitulada “De intereses generales, noticias y anuncios”. Cesou o 4 de outubro de 1884, cando chegou ao seu nº 2.397. Fundado e dirixido polo impresor Antonio Villamarín, despois dun pequeno lapso de tempo reapareceu en 1876, cun liberalismo máis acentuado, feito que o converteu no centro das críticas do bispado. Nese mesmo ano publicou o suplemento literario El domingo del Diario, que a partir de 1879 se denominou Hoja literaria. Nel colaboraron, entre outros, Aureliano Pereira, Eladio Vila, Emilia Pardo Bazán, Gaspar Núñez de Arce, Curros Enríquez e Manuel Murguía. Ademais, incluíronse comentarios sobre libros de Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Lamas Carvajal. Pechou despois dunha intensa campaña de críticas e acusacións do bispado que o definía como liberal e anticlerical.