Diario General de Santiago
Diario General de Santiago
Publicación editada en Santiago de Compostela en xaneiro de 1814 e que cesou en marzo dese mesmo ano. Substituíu á Gazeta Marcial y Política de Santiago. De tendencia liberal, estaba dirixida por Xoán Bautista Caamiña. Imprimíase na Oficina del Diario General. Ofrecía información de carácter xeral e servía de instrumento difusor da lectura e da escrita.