Diario Oficial de Galicia

Diario Oficial de Galicia
Nome científico: [DOG]

Publicación oficial da Xunta de Galicia que apareceu o 22 de xaneiro de 1982 en Santiago de Compostela. Editada inicialmente pola secretaría xeral da Xunta, co tempo pasou a ser responsabilidade da consellería da Presidencia e Administración Pública. Sae diariamente agás sábados e domingos, e inclúe información referida ás distintas administracións de Galicia. Consta das seccións “Disposicións Xerais”, “Autoridades e Persoal”, onde se inclúen os capítulos de Cesamentos, Nomeamentos e Substitucións, “Outras Disposicións”, “Oposicións e Concursos”, “Administración de Xustiza” e “Anuncios”, dividida nos apartados Da Administración Autonómica, Da Administración Local e Outros Anuncios. En cada unha destas seccións e apartados, as diferentes ordes, correccións, decretos e resolucións van agrupadas segundo a consellería ou organismo ao que se refiran.