diasistema
diasistema
(< ingl diasystem)
Descrición conxunta dos trazos lingüísticos comúns e discrepantes de dúas ou máis variedades dialectais. As discrepancias entre os sistemas non son máis ca variantes dunha mesma unidade. O diasistema aplícase sobre todo na descrición de dialectos fronteirizos. Este concepto foi introducido por U. Weinreich en 1954. O diasistema resulta ser algo semellante a unha fórmula alxébrica que dá o común denominador das analoxías e pon en evidencia as diferencias: por exemplo, se se toman dúas variedades dialectais que comparten un sistema de cinco vocais, o diasistema sería 1,2 //i e a o u//. Se se supón que nunha das dúas variedades a vogal anterior media é moito máis aberta ca na outra, o diasistema sería
FORMULA