Diáspora

Diáspora

Publicación en galego editada en Zúric a partir do 1 de maio de 1993. Subtitulada “Revista da Federación de Sociedades Galegas Na Suíza”, imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Plana Artes e nos talleres de A Nosa Terra. Dirixiu o seu primeiro número Xosé Luís Leirós e entre os seus colaboradores destacan Rosa Fernández, Felipe Senén, Xermán García Cancela, Dionisio Pereira, Gustavo Luca de Tena, Ricardo Sarmiento e Xesús Rábade Paredes. Contén información sobre a situación da colectividade galega en Suíza e presta unha atención especial á historia, ás actividades e aos congresos da propia Federación. Inclúe tamén temas referidos a Galicia. Na portada aparece un debuxo de Maside e no interior os artigos van acompañados de fotografías.