Díaz, Avelino

Díaz, Avelino

Xornalista e poeta. Tras pasar a súa infancia na comarca de Meira, de onde tomou o apelativo O poeta de Meira, emigrou a Cuba e logo a Bos Aires. Ademais de traballar nunha empresa industrial, exerceu o xornalismo en publicacións, como Céltiga, El Despertar Gallego, A Nosa Terra ou Galicia Emigrante, e chegou a dirixir outras, como Galicia, Lugo ou Opinión Gallega. Ademais do poemario en castelán Flor de retama (1947), en galego publicou Debezos (1947) e Pallaregas (1963), que recollen versos dedicados a Galicia. Postumamente, o Centro Lucense de Bos Aires editou 11 poemas a Castelao (1975). Foi membro da Comisión de Cultura do Consello de Galiza e do Centro Gallego, membro correspondente, dende 1951, da Real Academia Galega e secretario do I Congreso da Emigración Galega celebrado en Bos Aires en 1956.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : A Órrea, Riotorto

  • Deceso

    Lugar : Bos Aires