Díaz, Porfirio
Militar e político mexicano. Ingresou no exército durante a invasión estadounidense de 1846 e, posteriormente, participou nas guerras civís contra o xeneral López de Santa Anna e contra o Emperador Maximiliano. En 1876 derrocou o presidente S. Lerdo de Tejada e asumiu o goberno ata 1911, agás entre 1876 e 1877, período no que deixou o poder a Juan Méndez, e, entre 1880 e 1884, cando gobernou Manuel González. Levou a cabo unha política de submisión aos EE UU, favoreceu os investimentos estranxeiros e os grandes latifundistas mexicanos e estranxeiros e reprimiu duramente as folgas de Cananea (Sonora, 1906) e Río Blanco (Veracruz, 1907) e as posturas críticas ao seu goberno. En 1910 intentou ser reelixido presidente por sétima vez pero a oposición, encabezada por Francisco Madero, organizou unha revolta (20.11.1910) que o obrigou a renunciar á presidencia e abandonar o país.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Oaxaca -
Deceso
Lugar : París