Díaz Baliño, María Dolores

Díaz Baliño, María Dolores

Pintora, irmá de Camilo, Indalecio e Ramiro Díaz Baliño. Iniciou os seus estudios co seu irmán Camilo e en 1929 recibiu unha bolsa da Deputación da Coruña que lle permitiu ampliar estudios en Madrid. Foi profesora de debuxo na Escola de Artes e Oficios e no Instituto Feminino da Coruña. Na súa obra mostra unha imaxinación leda e chea de cor e de carácter decorativo que lembra as ilustracións dos contos. Posúe un debuxo solto e un rico colorismo, en obras que lembran en certo modo o modernismo, con mulleres convertidas en fadas e paisaxes imaxinadas pola artista, nas que os motivos florais enchen o espacio. As súas creacións, realizadas en pequeno formato, amosan un certo horror vacui. Entre as súas obras destacan Tríptico alegórico de Galicia e Las Hadas del Caracol. Participou, entre outras mostras, na Exposición de Arte Gallego (Santiago de Compostela, 1926), na Gran Exposición Regional de Bellas Artes y Artes Decorativas da Real Sociedad Económica de Amigos del País (Santiago de Compostela, 1941), na Exposición Centenario da Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario (1949), na Exposición Nacional de Bellas Artes (Barcelona, 1942) e na Exposición Internacional de Bellas Artes (Barcelona, 1960). Foi membro fundador da Asociación de Artistas da Coruña (1934) e membro da Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario (1938).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : A Coruña

  • Deceso