Díaz Caneja, Juan Manuel
Díaz Caneja, Juan Manuel
Pintor. Formouse en Madrid nos obradoiros de D. Vázquez Díaz. Integrouse no movemento vangardista madrileño e relacionouse, entre outros, con B. Palencia, M. Mallo e A. Sánchez. En 1929 viaxou a París onde coñeceu o cubismo. A súa obra mostra unha influencia de Braque e Matisse. Cultivou a paisaxe castelá e os bodegóns, cun predominio dos tons terra nas súas primeiras obras e cun achegamento á abstracción nas últimas. Destacan as súas obras Tierras (1962), Pueblo (1974), Tierra Azul (1982) e Mancha negra (1987). Recibiu o Premio Nacional de Pintura (1958) e o Premio Nacional de Artes Plásticas (1980). Doou o seu legado á Fundación Díaz Caneja de Palencia.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Palencia -
Deceso
Lugar : Madrid