Díaz García, Juan Ramón
Xornalista. Estudiou na Escola de Enxeñeiros Técnicos de Vigo, licenciouse na Escuela Oficial de Madrid e rematou a carreira de xornalismo na Universidad Complutense. Comezou a súa actividade periodística no Faro de Vigo. En 1967 pasou a dirixir a delegación de La Voz de Galicia en Vigo e en 1977 foi nomeado director deste xornal na Coruña. Exerceu tamén como director de Antena 3 Radio, da Biblioteca Gallega e de Vídeo-Voz TV. En 1998 foi elixido secretario da Fundación Caixa Galicia e no mesmo ano pasou a dirixir El Ideal Gallego. Coa súa chegada ao xornal comezou un proceso de consolidación e expansión da Editorial La Capital coa adquisición de Deporte Campeón e de sete cabeceiras comarcais, ademais da creación de Diario de Ferrol e Diario de Arousa. Fundador da revista Nuestra Lucha, colaborou con diversos xornais e axencias informativas, como La Vanguardia, Informaciones, Diario de Barcelona, Associated Press, United Press, Reuter, Europa Press, Radio Nacional e France Press. Membro do Consello da Cultura Galega, en 1998 recibiu a Medalla Castelao outorgada pola Xunta de Galicia.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Pamplona