Díaz Noriega, José Ernesto
Cineasta. Comezou no mundo cinematográfico a principios dos anos trinta como socio do Cineclub Español, e antes da Guerra Civil filmou varias obras que lle permitiron entrar no ACAM, primeiro club de cine afeccionado de Madrid. Viviu na Coruña desde principios dos anos sesenta. Neses anos realizou unha serie de obras que o converteron nun dos cineastas afeccionados máis destacados. Dos seus filmes, cargados de ironía, sobresaen Sever Odnum (1964), El jurado (1965), El cine amateur (1965), filme polo que obtivo varios premios, El festival (1967), Al Nasr Altair (1969) ou Los Suevos (1974). Outros aspectos da súa obra son, por unha parte, a sonorización de filmes clásicos do cine mudo da súa filmoteca doméstica para logo difundilos entre os seus discípulos, como M. Castelo ou X. F. Villaverde, e, por outra parte, sonorizacións nas que introduciu cambios substanciais, como a dos rótulos orixinais adaptándoos ás circunstancias sociopolíticas. Proba disto último é a súa obra Nosferaru o el manuscrito encontrado en Zarazwela, parodia da obra de F. W. Murnau.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Barcelona -
Deceso
Lugar : Madrid