Díaz Peterson, Rosendo

Díaz Peterson, Rosendo

Escritor e profesor. Licenciouse en Psicoloxía Experimental na Universidade de Louvain. Trasladouse a EE UU e continuou os estudios nas universidades de New Jersey e Illinois, onde se doutorou en linguas románicas. Profesor de cultura e literatura españolas na Universidade de Drake, colaborou con traballos de teoloxía e crítica literaria en publicacións americanas e europeas, como Revista Interamericana de Bibliografía, Arbor, Cuadernos Hispanoamericanos, Ínsula ou Kentucky Romance Quarterly. Publicou estudios científicos e teolóxicos, como La confirmación (1964), Los nuevos tiempos de la Iglesia (1965), La vocación al matrimonio (1968), Hugo de San Víctor (1968) e, no eido da crítica, Unamuno, el personaje en busca de sí mismo (1975) e Las novelas de Unamuno (1987). É autor das novelas O fillo de Don Tomás (1985), escrita orixinariamente en castelán e traducida ao galego por Manuel Espiña e Mª Luísa Balado Canoura; Cartas del Medio Oeste (1986) e De colores (1990). Entre outros premios, recibiu o Premio de Investigación (1980, 1988, 1992), o Premio Estudios Internacionais (1980) e Premio Who (Gale Research) (1992).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Arxemil, San Martiño de Anllo, Sober