Díaz Seoane, Jesús

Díaz Seoane, Jesús

Actor. Vinculado á compañía Sarabela Teatro, traballou nos espectáculos Madame de Sade (1991), A Esmorga (1995), Afección (1997), Os soños de Caín (1999), Romance de Micomicón e Adhelala (1999), O lapis do carpinteiro (2000) ou Sexismunda (2001). Co Centro Dramático Galego traballou no espectáculo Leoncio e Helena (1994). Ademais do seu labor actoral, desenvolveu unha intensa actividade no terreo do deseño de iluminación e no deseño escenográfico, fundamentalmente para Sarabela Teatro. Destaca o traballo realizado en O lapis do carpinteiro como iluminador, polo que recibiu o Premio María Casares á Mellor Iluminación no ano 2001. Cómpre tamén destacar o seu continuo traballo con grupos universitarios, escolares e da terceira idade, ben como escenógrafo ou iluminador, ademais de ser un importante colaborador na dinamización teatral que Sarabela Teatro realiza na cidade de Ourense.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Uznach, Suíza