Díaz Teijo, José Tomás

Díaz Teijo, José Tomás

Debuxante e humorista. Licenciado en Filoloxía Inglesa, exerce como profesor de ensino secundario en Navia de Suarna. Colaborou nas revistas Plis-Plas, Tempos Novos, Sapoconcho, Ideas e BD Banda, e no xornal La Voz de Galicia, tanto no suplemento de humor Xatentendo.com como na colección Relatos de Verán. Ademais, na revista para nenos Golfiño, publicou na sección de pasatempos “O Zooxogo” e “A viaxe no Tempo”, no apartado de cómic “Luzbell, historias do demo-bombilla” e na sección de arte “A páxina de MOS”. Ilustrador do CD-ROM didáctico Coas raíces no chan, elaborou debuxos para os libros Métodos estatísticos e numéricos (2000), Apúntate aos dereitos humanos (2000) e Todo vai na natureza (2001). Participou nunha mostra realizada na sala de exposicións do Edificio Liceo de Betanzos (1998) e en dúas conxuntas do Museo do Humor de Fene (2000 e 2001).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Betanzos