Dibbets, Jan

Dibbets, Jan

Fotógrafo holandés. Estudiou arte na Academia voor Beeldende en Bouwende Kunsten, Tilburg, onde tamén traballou como profesor. En 1967 trasladouse ao Reino Unido para estudar pintura e comezou a traballar no campo da fotografía. Coas súas imaxes conceptuais, ao igual que acontece nas súas obras pitóricas, procura deformar a xeometría dos obxectos; así mesmo, preocúpase polo fenómeno do movemento que tamén tenta plasmar nas súas creacións coa exposición de imaxes simultáneas. O seu recoñecemento internacional chegou cunha serie fotográfica realizada entre 1967 e 1969.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Weert