Diego

Diego

(

[ONOM]

Antropónimo derivado da forma latina Didacus; pode ter raíces ibéricas ou pode tratarse da masculinización do nome feminino Didaca, procedente, á súa vez, do grego διδαχ ή ‘doutrina, instrución, ensinanza’. Nome moi común na Galicia medieval, entre o s VIII e o s XIII ocupaba o décimo lugar por orde de frecuencia entre as formas masculinas, e xa no s XV pasou a ocupar o oitavo lugar. Unha etimoloxía tradicional popular identificou as diversas variantes medievais deste nome (Diaco, Dïaco, Dïago, Dïego, etc) con (T)iago e outros precedentes de Iacobus, de aí que no santoral español se inclúan os Diego baixo a advocación de Santiago. A forma Diogo foi a que acabou impoñéndose en Portugal, irradiada desde Lisboa, sobre outras variantes, como Diego ou Diago. Entre os personaxes históricos galegos que levan este nome cómpre salientar a Diego Páez (s XI), bispo de Santiago que iniciou as obras da catedral románica de Santiago, e ao seu sucesor, Diego Xelmirez (1065-1140?) ou o bispo construtor, que foi o primiero arcebispo de Santiago, que converteu a sé compostelá nunha das igrexas máis ricas da cristiandade e no gran centro de peregrinación do Occidente europeo. Entre os santos, figuran san Diego de Alcalá (1400-1463?), leigo franciscano celebrado o 13 de novembro; e Diego Xosé de Cádiz (1743-1801), frade capuchino celebrado o 24 de marzo. Por outra parte, tamén do étimo Didacus derivan os apelidos Diaz e Días