Diego II de Muros
Bispo de Canarias (1496-1506). Formouse en Salamanca co apoio do seu tío Diego I de Muros e xunto co seu curmán Diego III de Muros. Licenciouse en Dereito Civil e Canónico e serviu como secretario do cardeal P. González de Mendoza, feito que facilitou o seu ascenso. Acumulou diversos beneficios, entre os que destacan as coenxías en Santiago de Compostela e Sevilla, e os cargos de arcediago de Carmona e de Castela, chantre de Santiago e párroco de Muros. Nomeado bispo de Canarias en xullo de 1496, dedicouse á organización eclesiástica e adminitrativa da súa diocese, enfrontándose cos conquistadores e cos oficiais reais. Xunto co seu curmán, foi un dos patróns do novo Estudio Xeral (17.7.1501), orixe da Universidade de Santiago de Compostela. Doou a casa da súa familia en Santiago de Compostela, na que se estableceu o estudio, e diversos casares dentro do arcebispado. No 1504 acadou co seu curmán a confirmación do estudo por unha bula do Papa Xulio II. Entre os seus escritos destaca Constituciones del obispado de Canarias de 1497.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Santiago de Compostela -
Deceso
Lugar : Canarias