10 de marzo
10 de marzo
Publicación bilingüe editada en Ferrol en marzo de 1973 e que levou por subtítulo “Órgano de las Comisiones Obreras de El Ferrol”. Malia que nun principio saíu ilegalmente, a partir de 1977 as autoridades permitiron a súa edición. Nesta segunda época subtitulouse “Órgao da Unión sindical das CC OO de Ferrol”.