Dillen, Johann Jakob
Dillen, Johann Jakob
Botánico alemán. Doutorouse en Giessen e despois emigrou a Inglaterra, onde foi director do xardín botánico de Eltham e profesor da Oxford University. Describiu diversos xéneros e especies, especialmente musgos e fungos. Foi autor de Catalogus plantarum circa Giessen sponte nascentium (1718), Hortus Elthamensis (1732) e Historia muscorum (1741).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Darmstadt, Hessen -
Deceso
Lugar : Oxford