Dillon, John

Dillon, John

Político irlandés. Colaborou na fundación da liga irlandesa nos EE UU, xunto con Parnell e Davitt. Deputado polo condado de Typperary (1880) e líder da Federación Nacional Irlandesa (1896), sucedeu a John Redmond na dirección do reunificado Partido Nacionalista de Irlanda (1918). Ao ser derrotado polo Sinn Fein abandonou o parlamento. Foi un dos promotores do Plan of Campaign, reforma da propiedade agrícola de Irlanda.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Blackrock, Cork

  • Deceso

    Lugar : Londres