Dilthey, Wilhelm

Dilthey, Wilhelm

Filósofo alemán. Profesor nas universidades de Basilea e Berlín. Intentou completar a obra de Kant cunha gnoseoloxía das ciencias do espírito e unha crítica da razón histórica; separou radicalmente as ciencias do espírito e as ciencias da natureza, e instaurou o método de autognose (Selbstbesinnung). Negou tanto o coñecemento metafísico como o naturalismo e orientouse cara a unha filosofía da vida. Publicou, entre outras obras, Einleitung in die Geisteswissenschaften. Versuch einer Grundlegung für das Studium der Gesellschaft und der Geschichte (Introdución ás ciencias do espírito. Ensaio dunha fundamentación do estudo da sociedade e da historia, 1883), Die Entstehung der Hermeneutik (O nacemento da hermenéutica, 1900) e Die Typen der Weltanschauung (Os modelos da concepción do mundo, 1911).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Biebrich, Wiesbaden

  • Deceso

    Lugar : Seis, Bozen