Dimitrov, Georgy
Dimitrov, Georgy
Político. Membro fundador do Partido Socialdemócrata de Traballadores Búlgaros (1902), máis tarde Partido Comunista (1919), dirixiu a insurrección antifascista búlgara (1923), feito que provocou o seu exilio a Viena e Berlín. En 1933 detivérono, acusado do incendio do Reischtag. Liberado en 1934, trasladouse a Moscova, onde foi nomeado secretario xeral da Internacional Comunista. Durante a Segunda Guerra Mundial regresou a Bulgaria e dirixiu a loita antifascista. Tralas eleccións de 1946 e a proclamación da República Popular de Bulgaria, foi elixido primeiro ministro.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Kova&# -
Deceso
Lugar : Moscova