dinitróxeno, óxido de
dinitróxeno, óxido de
Nome científico:
[N<sub> 2</sub> O]
[QUÍM]
Gas incoloro e paramagnético, de cheiro agradable a sabor doce, debilmente soluble en auga e soluble en alcohol. Reacciona moi rápido co osíxeno, co que orixina dióxido de nitróxeno, e cos ácidos para dar compostos de nitrosilo. Fórmase por acción de descargas eléctricas ou de radiacións ionizantes no aire. Aparece como composto intermedio na fabricación do ácido nítrico a partir de amoníaco. Emprégase como propelente en aerosois e como anestésico. Tamén recibe a denominación de óxido nitroso.