dinitróxeno, óxido de

dinitróxeno, óxido de
Nome científico: [N<sub> 2</sub> O]
[QUÍM]

Gas incoloro e paramagnético, de cheiro agradable a sabor doce, debilmente soluble en auga e soluble en alcohol. Reacciona moi rápido co osíxeno, co que orixina dióxido de nitróxeno, e cos ácidos para dar compostos de nitrosilo. Fórmase por acción de descargas eléctricas ou de radiacións ionizantes no aire. Aparece como composto intermedio na fabricación do ácido nítrico a partir de amoníaco. Emprégase como propelente en aerosois e como anestésico. Tamén recibe a denominación de óxido nitroso.

Palabras veciñas

Dinís | Dinis, Júlio | dinitrobenceno | dinitróxeno, óxido de | dinitróxeno, tetróxido de | dinka | dino