diñeiro
(< lat denarĭu)
-
-
s
m
Moeda metálica ou billete cun valor determinado e de curso legal. Na tradición oral recóllense ditos como: “Ben cheira o diñeiro, aínda que veña dunha esterqueira. Dous andares ten o diñeiro; vén amodiño e vaise lixeiro. Encargos sen diñeiro, non pasan do recadeiro. O diñeiro do avarento a ninguén lle dá contento. O diñeiro do mesquiño, dúas veces anda camiño. O diñeiro do obreiro entra pola porta e sae polo fumeiro. O diñeiro do pobre, aínda que queira acougar non pode. O diñeiro do ruín gástase dúas veces sen se lucir. O diñeiro do sogro afúndese en preitos todo. O diñeiro do usureiro dá dez voltas ao quinteiro. O diñeiro do xogo vaise logo. Os diñeiros do sancristán, por onde veñen van”.
Ex: O diñeiro que lle deu non lle chegou para pagar a compra do mes.
-
s
m
Riqueza ou bens que posúe unha persoa, considerados no seu valor monetario.
Ex: Son xente de diñeiro. Ten moito diñeiro en bens inmobles.
Sinónimos: capital. Confrontacións: fortuna. -
s
m
Suma considerable de cartos.
Ex: Facer esa viaxe aínda nos costa un diñeiro. Esta cantidade é pequena, isto non é diñeiro.
-
diñeiro branqueado
Diñeiro que se gaña ilegalmente, e que se inviste en obras legais para encubrilo.
-
diñeiro limpo
Diñeiro que se gaña de xeito legal.
-
diñeiro morto
Diñeiro que non produce lucro.
-
diñeiro negro
Diñeiro obtido das ganancias feitas sen deixar constancia nos rexistros obrigatorios, para eludir a tributación ou para usalo en actividades paralelas ou ilícitas. Denominado tamén diñeiro bruto e diñeiro B, ten a súa orixe nas actividades ilegais ou na economía somerxida.
-
s
m
-
s
m
[ECON]
Convención humana pola que se elixe un signo determinado que recibe uns valores de cambio concretos aceptados por todos e que permite realizar con maior facilidade as transaccións nos mercados. O diñeiro pode ser calquera mercadoría susceptible de empregarse como medio de cambio, como patrón común dos prezos das demais mercadorías e como medio de realización de pagos diferidos, pero cun valor estable. A moeda é o medio de pago físico imposto pola lei. O diñeiro ten tres funcións básicas, servir como instrumento de pago, ser unha unidade de conta (que permite a expresión dos valores monetarios das cousas obxecto de intercambio), e servir como activo de reserva, que se pode gardar en depósitos para efectuar calquera pago ou investimento no momento que se desexe. No que respecta ao diñeiro como signo, pódense distinguir o diñeiro mercadoría, que estaba feito normalmente dalgún metal, cun valor facial ligado ao valor de mercado dese material e que xa non está en circulación; e o diñeiro fiduciario, que ten un valor dependente do grao de confianza da xente cara ao seu emprego como medio de pago, malia que non conte co apoio de ningún material suxeito a comercio e no que o valor facial non garda relación co valor material en si mesmo. O valor das moedas correspondía inicialmente ao peso equivalente do metal sen amoedar, e neste sentido fálase de diñeiro de cheo continuo (ou real), por oposición ao diñeiro nominal, que pode ser de dúas clases: os billetes do banco central e os depósitos á vista do público nos bancos. Os primeiros teñen a denominación de curso legal, xa que os acredores non poden rexeitar que o reembolso dos seus créditos se lles siga facendo en billetes do banco central. Os depósitos á vista nos bancos utilízanos os seus titulares como medio de pagamento, a través da extensión dun cheque bancario ou da previa conversión deste en diñeiro do banco central. O feito de que tanto os billetes como os depósitos á vista sigan recoñecementos de débeda dos bancos explica o fenómeno da creación do diñeiro. O banco libra un crédito contra el mesmo e, para que este crédito poida ser utilizado de maneira inmediata polo beneficiario como pagamento, crea diñeiro, cousa que nalgúns casos fai por propia vontade e noutros en cumprimento da misión que ten encomendada como banqueiro do tesouro público e doutros bancos, e como administrador das reservas de divisas do Estado. A cantidade deste depósito pode exceder en moito o valor daqueles billetes que quedan bloqueados en garantía da capacidade do banco de reembolsar os depósitos en caso de que os seus titulares o esixiran.
-
s
m
[NUMIS]
Denario romano.
-
[NUMIS]
-
s
m
Unidade monetaria inferior do sistema carolinxio, utilizada en Europa durante a Idade Media e en parte da Idade Moderna, que tomou o seu nome do denario romano. Tiña como múltiplos o soldo (12 diñeiros) e a libra (240 diñeiros), aínda que en xeral estas moedas non se utilizaban como diñeiro en efectivo, senón como unidades de conta. A partir da desmembración carolinxia, o diñeiro foi perdendo contido de prata e cuñáronse diñeiros de billón con proporcións cada vez máis pequenas de prata.
-
diñeiro gordo
Diñeiro de prata en contraposición ao diñeiro miúdo, de baixa lei.
-
s
m
-
[NUMIS]
-
s
m
Moeda de billón de prata, cuñada en Castela e León dende o reinado de Afonso VI no s XI, coa prata procedente das parias cobradas ás taifas musulmanas. Durante o s XII substituíuse en Galicia polo marabedí. Denominábase tamén denarios regis ou moeda regis. En Castela existiron diñeiros afonsinos, pretos, etc.
-
diñeiro afonsino
Moeda de billón cuñada por Afonso X o Sabio en 1252, coñecida tamén como moeda branca ou moeda da guerra primeira de Granada.
-
diñeiro burgalés
Moeda de prata cuñada por Fernando III o Santo.
-
diñeiro preto
Moeda de billón cuñada por Afonso X o Sabio en 1258, cun valor de conta de 7 1/2 soldos de marabedí. Volvéronse cuñar en 1271, contados como 5 soldos de marabedí.
-
s
m
-
diñeiro de San Pedro
[HIST/ECON]
Décimo en metálico que recadaban os monarcas cristiáns entre os seus súbditos para o papado. Derrogouse coa Contrarreforma.
Frases feitas
-
Andar a paos co diñeiro. Ter moitos cartos e malgastalos.
-
Enterrar o diñeiro 1 Aforrar os cartos e gardalos.
-
Non hai diñeiro que chegue 1 Ser poucos os cartos que un ten e moitas as necesidades.
-
Ser bo diñeiro. Ser algo fácil de cobrar.
-
2 Aforrar.
-
2 Estar as cousas moi caras. Ex: A comida cada vez está máis cara, non hai diñeiro que chegue.
-
2 Gastar os cartos sen sacarlle proveito.
-
Facer diñeiro. Gañar moitos cartos.
-
Non hai diñeiro que o pague. Ter moita estima a algo ou a alguén.
-
Pegarse o diñeiro ás unllas 1 Quitar cartos dunha cantidade que se manexa.
-
Queimar o diñeiro/Estar un a mal co diñeiro/Irse o diñeiro entre música e danzantes/Tirar co diñeiro. Malgastar o diñeiro.
Refráns
- A campás de Amiudal din sempre que repenican: ¡Quen ten, val; que ten ten val!
- A pouco diñeiro, pouea saúde.
- Agora que teño moeda, xa podo cantar, se me peta.
- Ande o diñeiro que é ben lixeiro.
- Anden diñeiros que todos bailaremos.
- Anque che o diñeiro sobre, se non tes caridade chámate pobre.
- Ás barbas con diñeiros fanlle honras os cabaleiros.
- Baralla diñeiro, sexa teu ou sexa alleo.
- Ben cheira o diñeiro, inda que veña dun esterqueiro.
- Bo é ter diñeiro e casa con pote, tixola e pucheiro.
- Burro cargado de ouro conségueo todo.
- Cando o diñeiro fala, todos calan.
- Coa prata todo se alcanza.
- Con cartos na bulsa calquera runfa.
- De arrieiro a arrieiro non pasa diñeiro.
- De diñeiro e bondade, a metade da metade.
- De diñeiro e santidade quita sempre a metade.
- Déannos diñeiro e non nos dean consellos.
- Diñeiro busca diñeiro.
- Diñeiro é o que diñeiro vale.
- Diñeiro e vida compoñen casas e vilas.
- Diñeiro esquecido non fai mercede nin fai amigo.
- Diñeiro gaña diñeiro.
- Diñeiro haxa, que gusto non falta.
- Diñeiro que gardado está non gaña pan.
- Diñeiro que vai e vén o seu dono mantén.
- Diñeiro teña o meu amo, que lle sobrarán criados.
- Diñeiro, siso e lealdade, menos aínda da metade.
- Diñeiros e amores mal se encobren.
- Don diñeiro é gran cabaleiro.
- Dous andares ten o diñeiro, vén despaciño e vaise lixeiro.
- En falando de diñeiro e santidade, a metade pola metade.
- Haxa diñeiro no bulsón, que non faltará quen lle faga o so n.
- Máis vale din de moeda que don sen renda.
- Máis vale din que don.
- Mal anda o tempo, cando o que non pode a xusticia, pódeo o diñeiro.
- Mal se avén o don sen o din.
- Mal soa o don sen o din.
- Meu diñeiro manso ¿quen te volveu bravo?
- Non che importe non ter don, se tes din.
- Non hai diñeiro coma o primeiro.
- Non hai mellor amigo que un peso na faldriqueira.
- Non hai mellor cabaleiro que don Diñeiro.
- O amigo máis certo é o diñeiro.
- Ó comerciante que non ten diñeiro cústalle caro ir a poleiro.
- O diñeiro "fai o home enteiro.
- O diñeiro bo e o malo gástanse de contado.
- O diñeiro do avarento a ninguén lle dá contento.
- O diñeiro do mesquiño dúas veces anda o camiño.
- O diñeiro do obreiro entra pola porta e sae polo fumeiro.
- O diñeiro do pobre, aoque queira acougar, non pode.
- O diñeiro do ruín gástase dúas veces sen se lucir.
- O diñeiro do sogro afúndese en preitos todo.
- O diñeiro do usureiro dá dez voltas ao quinteiro.
- O diñeiro é calado, a ninguén di se foi roubado.
- O diñeiro é de quen o agarra, a gloria é de quen a gaña.
- O diñeiro é gran cabaleiro.
- O diñeiro é o amo do mundo enteiro.
- O diñeiro é para contalo e as chaves para gardalo.
- O diñeiro é tan mal amo como tan mal criado.
- O diñeiro en todo tempo é bo compañeiro.
- O diñeiro fai o cabaleiro.
- O diñeiro manda.
- O diñeiro nunca perde o tempero.
- O diñeiro pódeo todo.
- O diñeiro sempre vén a xeito.
- O diñeiro trae os homes ao retorteiro.
- O diñeiro vaise ao diñeiro e o folgar ao cabaleiro.
- O mellar amigo, a bulsa.
- O mellar amigo, un peso.
- O mellar don é o don do diñeiro.
- O mellar medianeiro é o diñeiro.
- O mellar menciñeiro é o diñeiro.
- Os cartas fan moitos homes listos e moitos homes parvos.
- Os cartos cóllense unha vez, cóntanse tres.
- Os cartos, todos queren arrapañalos.
- Os diñeiros do sancristán, por onde veñen, van.
- Q diñeiro é tan bo servidor como mal se ñor.
- Quen diñeiro ten, merca o que quere.
- Quen ten din ten don.
- Quen ten diñeiro sempre anda no peneiro.
- Se o corazón fose aceiro, non podía con el o diñeiro.
- Se o corazón fose de aceiro, non o vencía o diñeiro.
- Se o diñeiro é forte, máis forte é a marte.
- Tanto é o teu valer coma o teu ter.
- Un bo medianeiro foi sempre o diñeiro.
- Un peso na casa non pare outro.
- ¿Por que vai a vella á casa da moeda?: por se algo se lle pega.