Diocleciano, palacio de
Diocleciano, palacio de
Antigo palacio romano situado en Split (Croacia). Mandouno construír o Emperador Diocleciano e alí residiu dende a súa abdicación ata a súa morte. O conxunto, de planta trapezoidal, estaba rodeado por unha muralla, agás a fronte que dá ao mar, que tiña unha galería de columnas. Posuía tres portas de acceso: a porta de ferro, de ouro e de prata. As vías principais, que partían das portas, formaban unha T e dividían o palacio en tres sectores: os dous situados ao N dedicábanse a xardíns, dependencias e cuarteis, e o situado ao S iniciábase cun peristilo que daba acceso ao templo, ao mausoleo (convertido posteriormente en catedral) e á residencia. Xunto co núcleo histórico de Split foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1979.