dioptasa

dioptasa

(< dia- + gr ὀπτάζω ‘ver’)

s f [MINERAL]

Silicato hidratado de cobre. Mineral que cristaliza no sistema romboédrico. É fráxil, cunha dureza de 5 na escala de Mohs e unha densidade de 3,3 g/cm3. Presenta unha cor verde esmeralda ou verde azulada. Xeralmente, emprégase como pedra de ornamentación.

Palabras veciñas

Diop, Birago | Diop, Cheikh Anta | diópsido | dioptasa | dioptra | dioptría | dióptrica