dioptría

dioptría

(

s f [METROL]

Unidade de medida da converxencia ou diverxencia dun sistema óptico, polo tanto, unidade de potencia dunha lente. É igual ao valor inverso da distancia focal expresada en metros, é dicir, 1 dipotría = 1 m-1. Así, unha lente que ten unha distancia focal de 1 m, ten unha potencia de 1 dioptría, e se é de 50 cm a distancia focal, a potencia será de 2 dioptrías. A potencia dunha lente converxente tómase como positiva, e a dunha lente diverxente como negativa. Medirase a ametropía dun ollo mediante a especificación das dioptrías da lente capaz de corrixir o defecto.

Palabras veciñas

diópsido | dioptasa | dioptra | dioptría | dióptrica | dióptrico -ca | dioptro