Dios Diz, Manuel

Dios Diz, Manuel

Profesor. Mestre especialista en Ciencias Sociais, licenciouse en Xeografía e Historia (1997). Durante a súa etapa universitaria, na Ditadura, participou no movemento estudiantil, nos Comités de Curso, xermolos sindicais clandestinos, militando en Larga Marcha e en Información Obreira, para logo confluír no proceso de unificación no Partido de Traballo. Sindicalmente foi secretario xeral da UTEG, da Federación de Ensino da Confederación Xeral de Traballadores Galegos (CXTG), da súa comisión executiva, e da Confederación Intersindical Galega (CIG), e presidente da CIG ensino. Representou o profesorado galego en varias lexislaturas, tanto no Consello Escolar de Galicia como no Consejo Escolar del Estado. Tamén formou parte da dirección do PSG-EG e de UG. Non obstante , dende 1996 abandonou toda militancia sindical e política para dedicarse ao seu labor educativo como membro fundador e presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz, dende o que promove a celebración do Día Escolar para a Paz (cada 30 de xaneiro), e organiza os Encontros de Educación para a Paz (cada mes de marzo), así como Congresos Internacionais sobre a Paz. Publicou artigos na prensa diaria e en revistas especializadas de educación, varias unidades didácticas sobre distintos contidos da Educación para a Paz e varios libros, entre os que cómpre destacar Cine para convivir (2001) e, en colaboración, Acción titorial, transversalidade e resolución de conflitos (2001).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Santiago de Compostela