Diouf, Abdou
Diouf, Abdou
Político senegalés. Membro da Union Progressiste Sénégalaise (UPS) desde 1961 e colaborador do goberno de L. Senghor, foi secretario xeral da presidencia en 1963. Foi ministro de Planificación e Industria (1968-1970), primeiro ministro (1970-1980) e presidente da República (1981-2000). Patrocinou a Confédération de Sénégambie (1981), institución que presidiu ata 1989.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Louga