Dióxenes de Babilonia

Dióxenes de Babilonia

Filósofo estoico grego. Coñecido como Dióxenes de Seleucia, foi discípulo de Crisipo. Sucedeu a Zenón de Tarso na dirección da escola estoica e estendeu o estoicismo por Roma, onde estivo desenvolvendo unha misión diplomática (156-155 a C). Dentro da escola estoica centrou a súa investigación na linguaxe e na ética. Na primeira distingue tres planos: son, expresión e palabra. Xunto con Crisipo, dividiu as partes da oración en nome propio, nome apelativo, conxunción e artigo.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Seleucia