diplomático -ca
diplomático -ca
(
-
adx
Relativo ou pertencente aos antigos diplomas e á diplomática.
-
adx
[POLÍT]
Relativo ou pertencente á diplomacia.
Ex: As relacións diplomáticas entre os dous países non melloraron. O goberno enviou o seu corpo diplomático para iniciar as negociacións.
-
adx
Que ten habilidade ou tacto para levar a cabo asuntos delicados.
Ex: El é moi diplomático e dáselle ben atender o público.
-
adx e s
[POLÍT]
Que ou quen é membro do corpo diplomático dun Estado que ostenta a representación dun país noutro. Encárgase das relacións xurídicas, políticas e financeiras que afectan os intereses dos cidadáns do seu país no estranxeiro, e da negociación de convenios e tratados internacionais.
-
s
[POLÍT]
Persoa que, de maneira provisional, leva a cabo negociacións entre estados ou fai de intermediario entre eles.