diquat

diquat

(< ingl diquat de di- +quaternary)

Nome científico: [dibromuro de 6,7- dihidrodipirido [1,2-a: 2’,1’-c] pirazinadilo:C<sub> 12</sub> H<sub> 12</sub> Br<sub> 2</sub> N<sub> 2</sub> ]
s m [QUÍM]

Herbicida sólido, moi soluble en auga e volátil, de reacción moi rápida, que mata as plantas coas que entra en contacto ao romper as súas membranas celulares. Sobre as plantas que se consideran nocivas aplícase con anterioridade á aparición da especie cultivada que se quere favorecer. As intoxicacións sobre o home maniféstanse, inicialmente, no aparato dixestivo (vómitos, dor abdominal e diarrea) e, posteriormente, pode producir insuficiencia renal ou hepática, problemas respiratorios e, por último, a morte