2 dique

2 dique

(

  1. s m [ENX]
    1. Muro que se contrúe no mar para conter as ondas e abrigar un porto, e facilitar, ao mesmo tempo, un fácil acceso dos barcos. Determínase a súa disposición e forma despois de estudar as cartas de navegación da zona, os tipos de barcos máis característicos do porto e as rutas de chegada e saída. Nalgúns casos, efectúase tamén o estudo de modelos a escala reducida. Distínguense dous tipos de dique: o dique rompente, constituído por un núcleo de base moi ampla que se estreita progresivamente e que vai reforzado por uns bloques de pedra ou de formigón; e o dique vertical que, formado por grosos bloques de formigón armado, provoca a reflexión das ondas. Existe tamén o dique somerxido, usado para facer máis pequenas as ondas e mellorar as condicións de navegación nas zonas de entrada dos portos.

    2. Muro, xeralmente de pedra ou formigón, construído á beira dun río ou dun estanque co fin de protexelos da erosión, conter a auga en caso de enchente e evitar a acumulación de materiais arrastrados que poderían prexudicar a regularidade do caudal.

  2. s m [XEOL]

    Intrusión de rochas ígneas ou magmáticas consolidadas nunha fisura doutra rocha ou serie sedimentaria.

  3. dique flotante

    Dique consistente nunha estrutura metálica en forma de U que se pode fundir parcialmente lastrando o interior e que se pode facer flotar deixando en seco a nave que se fixo entrar nel.

  4. dique seco

    Instalación ou construción pechada, realizada xeralmente nun porto, na que pode entrar unha embarcación durante a preamar, para achicar a auga ou para que fique en seco o tempo suficiente para carenala ou calafateala.