directorio
(< lat directorĭu)
-
s
m
Conxunto de normas ou instrucións que serven para dirixir unha materia determinada ou un negocio.
-
s
m
Consello encargado da xerencia dunha entidade pública, asociación ou partido.
-
s
m
[INFORM]
-
Táboa de control que informa sobre a capacidade e a memoria que ocupan no ordenador os datos ou os módulos.
-
Lista dos ficheiros do disco duro que contén diversas informacións como o nome, o inicio da táboa FAT, a hora e data de creación e outros datos de interese. Hai dous tipos: a raíz, que fai as funcións do directorio principal, e os subdirectorios.
-
-
s
m
[BIBLIOT]
Listados de persoas, organismos, institucións ou empresas que recollen datos sobre as mesmas, como o enderezo social, o teléfono ou o seu organigrama. A organización pode ser temática, xeográfica, alfabética, etc, e son revisados e actualizados con asiduidade.