disector -ra

disector -ra

(< lat dissectu, de dissecāre)

  1. adx e s

    Que ou quen diseca, especialmente diseccións anatómicas.

  2. disector de imaxe [COMUN]

    Analizador de imaxes antigo que foi ideado e perfeccionado por P. T. Farnsworth. Consiste na proxección das imaxes ópticas sobre un mosaico transparente fotosensible que emite electróns que, acelerados convenientemente, forman a imaxe electrónica, que se explora a través dun sistema de deflexión magnética e un ánodo fixo. A corrente de saída corresponde ao brillo da imaxe.

Palabras veciñas

disecador -ra | disecar | disección | disector -ra | diseminación | diseminado -da | diseminar