diseminación

diseminación

(< latdisseminatĭōne)

  1. s f

    Acción de diseminar ou diseminarse.

  2. s f [BIOL]

    Dispersión natural das diásporas dun organismo.

  3. s f [XEOL]

    Depósito constituído por grans finos de mineral dispersos polas rochas.

  4. s f [MED]

    Difusión ou extensión dun proceso patolóxico ou de xermes dentro dun organismo.

  5. s f [LIT]

    Concepto procedente da teoría da deconstrución que alude á condición ilimitada da interpretación, posto que todo texto presenta infinitas posibilidades de lectura.

Palabras veciñas

disecar | disección | disector -ra | diseminación | diseminado -da | diseminar | disemínulo