disfótico -ca
disfótico -ca
(< 2 dis- +foto- + -ico)
-
adx
Relativo ou pertencente á zona disfótica.
-
zona disfótica
[ECOL]
Zona que, dende un criterio de iluminación, forma parte da zona fótica que, xunto coa zona eufótica constitúen a capa de auga onde se detecta un certo grao de iluminación e que limita coa zona afótica permanentemente sen luz. Vai dende os 100 aos 200 m de profundidade, e pode acadar ata os 1.000 m. A penetración da luz é escasa e débil, só penetran radiacións azuis do espectro da luz e, polo tanto, a actividade fotosintética é moi escasa.