Disney, Walt

Disney, Walt

Produtor cinematográfico. Especializado en debuxos animados, tralo seu primeiro éxito co personaxe do rato Mickey (1928), realizou a súa primeira longametraxe Snow White and de Seven Dwarfs (Brancaneves e os sete ananos, 1938), á que seguiu Pinocchio (1940), Fantasy (Fantasía, 1940), Dumbo (1941) e Bambi (1942). Creador das figuras do pato Donald e do can Pluto, a partir de 1948 dedicouse a dirixir a produtora cinematográfica Walt Disney Produtions e os parques de atraccións Disneyland e Disneyworld. Deses anos destacan as películas con actores reais como Treasure Island (A illa do tesouro, 1950), Robin Hood (1951) e Mary Poppins (1964). Ademais, continuou a produción de debuxos animados cos filmes Cinderella (A cincenta, 1950), Alice in Wonderland (Alicia no país das marabillas, 1951), Peter Pan (1953), Sleeping Beauty (A bela durminte, 1959) e 101 Dalmatians (101 dálmatas, 1961). A súa obra ten a súa continuación nos parques temáticos e nas producións realizadas pola compañía Disney nos últimos anos, entre as que cómpre salientar: Aladdin (1992), The Lion King (O rei león, 1994), Pocahontas (1996), Toy Story (1996), Atlantis (2000), Monsters, Inc (2001) e Peter Pan 2 (2002). Ao longo da súa carreira, ademais de diversos recoñecementos e galardóns, conseguiu 26 Oscars.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Chicago

  • Deceso

    Lugar : Hollywood