Disphyma
Disphyma
[PLANTA]
Xénero de herbáceas, da familia das aizoáceas, de follas perennes, grosas e suculentas, de sección triangular e de ata 3,5 cm de lonxitude. As flores son de cor vermella, duns 4 cm de diámetro, formadas por numerosos estames petaloides brillantes. A especie D. crassifolium, orixinaria de África do Sur, cultívase como planta ornamental na Península Ibérica, onde se naturalizou na Extremadura portuguesa e sur de Galicia.