disperso -sa
disperso -sa
(< lat dispersu, p pas de dispergĕre‘esparcir’)
-
adx
Relativo ou pertencente á dispersión.
-
adx
Que está dispersado.
Ex: Os membros desa seita están dispersos por todo o mundo. Os casaríos vascos son un exemplo de hábitat disperso.
-
colorante disperso
[QUÍM/IND]
Colorante insoluble que se aplica para formar unha dispersión fina na auga. Emprégase fundamentalmente para a coloración de fibras sintéticas.