1 dístico -ca

1 dístico -ca

(

s m [LIT]

Agrupación de dous versos, ás veces de distinto metro, con unidade de sentido. Adoita situarse ao final das composicións, aínda que tamén pode encabezalas, trátase dun dos modelos máis antigos de organización de versos. O seu uso documéntase por primeira vez na poesía elexíaca grega dos ss VII e VI a C. Constaba, xeralmente, dun hexasílabo seguido dun pentasílabo e empregábase en epitafios, inscricións, dedicatorias ou cancións. Co tempo, converteuse no metro máis usado nos epigramas, tamén se rexistra nas kharxas, cosautes, aleluias, refráns, panxoliñas e cantigas, especialmente de amigo.

Palabras veciñas

distena | distender | distensión | 1 dístico -ca | 2 dístico -ca | distilo | distimia