distinción

distinción

(< latdistinctĭōne)

  1. s f
    1. Acción e efecto de distinguir ou distinguirse.

      Ex: Hai unha clara distinción entre uns viños e outros.

      Confrontacións: diferenciación.
    2. [FILOS]

      Diferencia entre dous ou máis seres, realidades ou dimensións do real, en virtude de que unha cousa non é a outra, ou ben non se considera que o sexa. Moi relacionado co problema da división, espertou o interese do pensamento grego e da escolástica. Esta última estableceu dous tipos de distinción: real, entre cousas realmente distintas, e de razón, puramente mental. Posteriormente, admitiuse tamén a división entre distinción absoluta, referida a cousas nas que non hai ningunha relación entre a cousa e o modo, e distinción modal, entre unha cousa e o seu modo. Diferenciouse tamén entre distinción adecuada, entre partes que son á vez todos, e de distinción inadecuada, entre un todo e algunha das súas partes.

  2. s f

    Calidade das persoas ou cousas que destacan pola súa elegancia e refinamento.

    Ex: Vese a súa distinción na delicadeza coa que decorou o salón.

  3. s f

    Consideración ou tratamento especial que se lle fai a unha persoa.

    Ex: Alí sempre foi tratado con moita distinción.

  4. s f

    Premio ou recoñecemento que se lle concede a alguén e que o distingue dos demais.

    Ex: Os mellores cadros obtiveron distincións. Outorgáronlle unha distinción honorífica como galardón ós seus méritos militares.

Palabras veciñas

2 dístico -ca | distilo | distimia | distinción | distinctio* | distingo | distinguible