diúrno -na
diúrno -na
(< lat diurnu)
-
adx
-
Relativo ou pertencente ao día.
Ex: Sempre traballou de noite, pero agora empeza a traballar na xornada diúrna.
-
[BOT]
Aplícase ás flores que están abertas durante as horas de luz e pechadas durante a noite.
-
[ZOOL]
Aplícase ao animal que desenvolve unha gran parte das súas actividades coincidindo coas horas de luz, seguindo un ritmo circadiario.
-
-
adx
Que ten lugar no espazo dun día.
Ex: Está observando o movemento diúrno do planeta.
-
s
m
[RELIX]
1 diurnal.